IniciosociedadeO Parlamento pide que se investigue "ás mulleres agredidas na festa da...

O Parlamento pide que se investigue “ás mulleres agredidas na festa da Maruxaina de 2019”

A Cámara aproba unha declaración institucional para pedir que se investiguen "en profundidade" o acontecido.

Publicada o

- Advertisement -

AXENCIAS. O Parlamento de Galicia impulsou unha declaración institucional para pedir que se investiguen en profundidade” os feitos sucedidos nas festas da Maruxaina, na parroquia lucense de San Cibrao, nas que unha persoa descoñecida dedicouse a gravar a distintas mulleres ouriñando e colgou as imaxes en webs pornográficas.

Nunha declaración lida polo presidente da Cámara, Miguel Santalices, expresou o apoio de todos os deputados “ás mulleres agredidas na festa da Maruxaina de 2019”. A Cámara puxo de manifesto “o seu enérxico rexeitamento ás gravacións das que foron obxecto, difundidas en páxinas web de contido pornográfico” mediante as que máis de 80 mulleres, entre elas menores de idade, “foron vítimas dun acto machista e denigrante que atenta contra a súa dignidade como mulleres e como persoas”.

Por esta razón, a Cámara fai un chamamento a que se investiguen en profundidade os feitos para que non queden impunes xa que “ningún contexto, sexa na vía pública ou no ámbito privado, xustifica unha agresión contra a intimidade e os dereitos fundamentais das mulleres nin de ningunha persoa”.

Así mesmo, o Parlamento de Galicia remarcou que apoiará o desenvolvemento e impulso daquelas medidas que as autoridades competentes teñan ao seu alcance para impedir que situacións como esta poidan volver producirse.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...