Suspendidas as tradicionais Feiras e Festas das Quendas de Mondoñedo

A Asociación As San Lucas de Mondoñedo adopta a decisión pola pandemia da Covid-19.

Baixada dos cabalos nas San Lucas. EFE/ELISEO TRIGO

A Asociación As San Lucas de Mondoñedo descarta a celebración este ano das tradicionais Feiras e Festas das Quendas 2021. Dende a organización consideran “prioritario” garantir a saúde e o benestar dos veciños e dos visitantes pola pandemia da Covid-19.

“Pese á dificultade e a tristeza que implica adoptar esta decisión, os membros da organización miramos ilusionados ao futuro, pensando nas San Lucas, coa poboación vacinada e con saúde, desfrutando dunha das feiras de máis tradición de Europa”, apunta nun comunicado

Dende a Asociación organizadora consideran que o “prioritario neste momento é garantir a saúde e o benestar” tanto dos veciños e veciñas como dos “visitantes que anualmente se desprazan ata esta cita festiva”, que reúne en Mondoñedo a centos de persoas, atraídos por un completo programa de actos.

En todo caso, amosa o seu agradecemento “ante a comprensión, a solidariedade e o apoio” que están a demostrar durante estes meses os veciños e veciñas en relación coas decisións tomadas ao respecto da celebración das festas. “O importante é que estamos desexando vivir As San Lucas se cabe con máis ilusión e intensidade”, din.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here