InicioEoCastropolO alcalde de Vegadeo: "Hai que chamarlle Ría de Castropol porque foi...

O alcalde de Vegadeo: “Hai que chamarlle Ría de Castropol porque foi a poboación máis importante”

O deputado popular polo Occidente na Junta Generla del Principado, Álvaro Queipo, oriúndo de Castropol, impulsor da iniciativa, critica a ao alcalde de Ribadeo por insistir en que ten que levar o nome da "vila máis importante".

Publicada o

A polémica sobre a toponimia da Ría de Ribadeo, lonxe de calmarse, acrecéntase. Tras as críticas recibidas por algúns políticos, entre eles o rexedor de Ribadeo, e partidos galegos como o BNG, a nova denominación de “Ría del Eo”, tamén houbo rexedores e políticos asturianos que saíron na defensa desta denominación.
Así, o alcalde de Vegadeo, César Álvarez, posiciónase claramente a favor da denominación “Ría do Eo” para o estuario que une (ou divide) Asturias e Galicia, porque desde sempre foi o utilizado nesa marxe da ría. En declaracións na Cope destacou que “estas definicións teñen moito contido emocional”. Para el en todo caso o estuario chamaríase “Ría de Castropol, pois a poboación máis importante no seu día foi Castropol”.
Tamén o deputado popular polo Occidente na Junta General del Principado, Álvaro Queipo, oriúndo de Castropol, defende a utilización do topónimo Ría do Eo. El foi o impulsor dunha iniciativa parlamentaria para solicitar a oficialización do nome e defende, ante as críticas lanzadas polo alcalde de Ribadeo, que é tan válido un nome como o outro. En declaracións á Cope destacou que “non temos ningunha intención soberanista nin queremos expor ningún conflito con Galicia (…) só queremos que os dous topónimos -que xa se conviven na realidade- se trasladen aos documentos”.
Ademais, contradi a tese de Fernando Suárez sobre que a denominación debe ser a da poboación máis importante ao longo da historia, e pon exemplo de rías en Cantabria ou País Vasco que levan o nome do río, non o da localiade onde desemboca.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...