IniciosociedadeDous pacientes con Covid permanecen ingresados no Hospital da Mariña

Dous pacientes con Covid permanecen ingresados no Hospital da Mariña

A área sanitaria de Lugo experimenta unha repunta de casos activos e contaxios

Publicada o

- Advertisement -

Na área sanitaria de Lugo hai 189 pacientes con infección activa por coronavirus. Son 16 máis ca os notificados na xornada de onte polo Sergas. Ademais, a provincia tamén experimenta unha repunta na cifra de contaxios detectados, pois nas últimas 24 horas confirmáronse 23 positivos novos.

En canto á situación nos hospitais, hai unha persoa ingresada menos. Así, quedan 10: 7 en planta (4 no Hula, 2 na Mariña, 1 en Monforte) e 3 na Uci do Hula.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid-19 en Lugo, curáronse 11.849  e realizáronse 215.742 probas PCR.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...