IniciosociedadeDenuncian que a estrada de Burela a San Cibrao é unha "trampa...

Denuncian que a estrada de Burela a San Cibrao é unha “trampa mortal” para motoristas

Hai unha bionda rota que deixa ao descuberto uns soportes punzantes na curva da Marosa.

Publicada o

- Advertisement -

A estrada provincial que conecta Burela e San Cibrao pode converterse nunha trampa mortal para os motoristas. Algúns deles denunciaron este luns na Cope que á altura da curva da Marosa; a uns 150 metros do Campo da Marosa, en dirección a Burela, hai unha bionda afundida que deixou ao descuberto os soportes de protección.

Trátase duns pivotes metálicos que parecen coitelas e poden resultar especialmente perigosos para os motoristas. “Levan máis de dous meses así”, denuncian.

Ademais, din que esta estrada está infestada de fochancas, que os condutores se afixeron a esquivar, e presenta unha irregularidade moito máis perigosa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...