InicioCentralDúas aulas pechadas pola covid na Mariña: unha en Foz e outra...

Dúas aulas pechadas pola covid na Mariña: unha en Foz e outra en Ribadeo

Os casos concéntranse no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo e na escola infantil Nosa Señora Purificación de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios –escolas infantís, colexios e institutos– de Galicia manteñen a tendencia ascendente e soben a 535, o que supón 53 máis que a última xornada. Tamén se incrementan as aulas inoperativas a 26, sete máis, pero xa non hai centros pechados pola incidencia do coronavirus.

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Sanidade e Educación, por áreas sanitarias, salvo a da Coruña, que se mantén con 134 casos activos, no resto ascenden en todas: Vigo (+18), Pontevedra (+17), Lugo (+7), Santiago (+5), Ourense (+5) e Ferrol (+1). Así mesmo, xa non hai na actualidade ningún centro completamente pechado pola incidencia do coronavirus, ao saír da lista unha escola infantil en Quiroga incluída ata o sábado.

A provincia de Lugo concentra 28 infeccións activas, sete máis, e dúas aulas pechadas, unha máis. En concreto, as clases inoperativas sitúanse no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo e na escola infantil Nosa Señora Purificación de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...