IniciosociedadePiden prisión para unha muller por ameazar cun coitelo a súa nai...

Piden prisión para unha muller por ameazar cun coitelo a súa nai e ao seu fillo pequeno

O fiscal pide a prohibición de aproximarse ás persoas e domicilios a unha distancia inferior de 300 metros e de comunicarse con eles durante tres anos.

Publicada o

- Advertisement -

AXENCIAS.  Unha mariñá será xulgada por ameazar á súa nai e ao seu fillo menor de idade cun coitelo xamoneiro no piso en que todos residían. Dous delitos de ameazas para os que o fiscal pide a prohibición de aproximarse ás persoas e domicilios a unha distancia inferior de 300 metros e de comunicarse con eles durante tres anos.

Unha pena á que se suma a petición de seis meses de prisión por outro delito de malos tratos á súa nai, á que deberá indemnizar con 600 euros polas lesións sufridas nun forcejeo previo.

Os feitos remóntanse a hai dous anos cando, sempre segundo o escrito do ministerio fiscal, os tres atopábanse na vivenda que compartían. Nela tamén residen os seus pais que son os que se encargan do coidado do menor. A discusión comezou á hora de cear. A nai da acusada colleu o teléfono para chamar a emerxencias, pero a súa filla quitoullo das mans e comezou un tirapuxa con ela; agarrouna forte polos brazos e empuxouna contra a parede, causándolle dano no ombreiro esquerdo.

Foi entón cando a acusada colleu un coitelo de xamón co que ameazou á súa nai e o neno desde a porta da cociña, impedindo a ambos a saída, co temor ambos os dous a ser agredidos. A muller soltouno cando o menor comezou a chorar asustado.

Por todo iso, a muller enfróntase a un delito de malos tratos no ámbito familiar e dous delitos de ameaza. Concorre o agravante de parentesco e a eximente incompleta de alteración psíquica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...