IniciosociedadeA Xunta investirá case cinco millóns en comprar material sanitario e de...

A Xunta investirá case cinco millóns en comprar material sanitario e de laboratorio na área lucense

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou esta mañá a tramitación de emerxencia dun expediente de contratación, por valor de 4.718.117 euros, para a adquisición de bens e materiais, así como á contratación de servizos e a realización de pequenas obras na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

A práctica totalidade deste orzamento vai destinado á compra de material sanitario, con
2.110.146 euros e material de laboratorio por valor de 2.147.222 euros. A adquisición de material sanitario comprende, sobre todo, equipamento de protección como batas, máscaras e luvas de diversos tipos, solución hidroalcohólica e pantallas de protección, así como contedores de residuos e transporte de mostras.

No referido ao material de laboratorio, correspóndense con distintos reactivos, controis, calibradores, test serolóxicos e de antíxenos e diversos consumibles tales como hisopos e pipetas, básicos para a realización do diagnóstico da covid-19 nos laboratorios de microbioloxía

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...