O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia vén de incorporar a Laza no nivel máximo de restricións no que tamén mantén aos concellos de Vilanova de Arousa e Cualedro, pero do que saca a Carballeda de Valdeorras, que pasa a restricións medias. Tamén saca das restricións medias a Barreiros e Trabada que estiveron con certos confinamentos ata
Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, A Merca, A Pastoriza, Mesía, Ribeira, Padrón, Marín, O Grove, Meaño, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar, Ponteareas e Coristanco.
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Muíños, Verea, O Barco de Valdeorras, Cartelle, Lobios, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Meira, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Melide, Carnota, Ordes, Lalín, Silleda, Ribadumia, Poio, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Vigo, A Laracha, Betanzos, Cambre, Carballo e Ares.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 3 de maio.