InicioOrientalRibadeo agarda ansioso a apertura de fronteiras con Asturias: “Queremos ir a...

Ribadeo agarda ansioso a apertura de fronteiras con Asturias: “Queremos ir a Tapia, á Veiga ou a Castropol

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda con prudencia que pronto se reanuden as comunicacións entre Asturias e Galicia, unha vez que remate o estado de alarma. O rexedor cualifica de “experiencia inédita e moi dura” a vivida polos veciños e veciñas de Ribadeo e do Occidente asturiano, que levan moitos meses sen poder estar cos seus familiares e amizades.

Valorámolo con moita prudencia. Ógalla que así se confirme esta noticia e que dentro de poucos días poidamos volver reencontrarnos, porque a verdade é que botamos moito de menos aos nosos amigos e aos nosos familiares en moitas ocasións, durante todo este tempo que non puidemos estar con eles e non puidemos ir alí, como supoño que os do Occidente tamén nos botarán de menos a nós”, sinalou a través dun comunicado.

“Queremos ir a Tapia, á Veiga ou a Castropol como supoño que os de Taramundi, os dos Oscos ou os da Caridad, por poñer por caso, tamén estarán desexosos de volver andar, pasear e comprar en Ribadeo, e quen di Ribadeo di en toda A Mariña”, engadiu.

Fernando Suárez quixo deixar de lado as “falsas e artificiosas polémicas alimentadas moitas veces co nome da ría por quen non ten que facer”, en alusión ao topónimo Ría de Ribadeo, para incidir nunha mensaxe de unidade cos veciños do Occidente asturiano “porque son moitos os lazos que nos unen”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...