IniciosociedadeRibadeo, Ortigueira e Mondoñedo, os concellos "morosos" da ABAU

Ribadeo, Ortigueira e Mondoñedo, os concellos “morosos” da ABAU

Aprobado o convenio para que o estudantado da Mariña realice a proba da ABAU en Viveiro. Alumnado de nove centros de Foz, Ribadeo, Burela, San Cibrao, Viveiro e Ortigueira veranse veneficiados por esta medida. Viveiro informa tamén dos concellos morosos da proba do ano pasado.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro aprobou a sinatura do convenio coa Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para a celebración no concello da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).

Este convenio implica as convocatorias ordinaria, en xuño, e extraordinaria, en xullo, para o alumnado de Bacharelato que cursan os seus estudos nos seguintes centros: IES de Ortigueira, de Ortigueira; IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo; IES de Foz, de Foz; IES Monte Castelo, de Burela; IES Porta da Auga, de Ribadeo; IES Marqués de Sargadelos, de San Cibrao; IES Perdouro, de Burela; e os IES Vilar Ponte e IES María Sarmiento, de Viveiro. A celebración desta proba no termo municipal de Viveiro implica un custe de 12.640,15 euros.

Segundo apunta o concello nun comunicado, respecto das probas ABAU xa celebradas, en xuño de 2020 na Comisión delegada número 14 en Viveiro, examináronse 298 alumnos e alumnas na convocatoria ordinaria. O alumnado procedía dun total de 9 institutos de ensinanza secundaria, pertencentes aos concellos de Ribadeo, Foz, Burela, Cervo, Mondoñedo e Viveiro.

Nesa convocatoria, por mor da pandemia provocada polo COVID-19 e debido as restricións perimetrais, incluíuse o IES Plurilingüe San Rosendo do concello de Mondoñedo, en detrimento do IES de Ortigueira, que as realizou en Ferrol.

Respecto á convocatoria extraordinaria de 2020, presentáronse un total de 27 estudantes pertencentes os institutos de varios concellos, agás Mondoñedo que acudiu a Lugo, incluíndo de novo ao alumnado do Instituto de Ortigueira.

LIQUIDACIÓNS

Respecto ao estado dos pagos por parte dos concellos pola realización destas probas en Viveiro, o pasado 23 de decembro, o Concello de Viveiro enviou a todos os concellos a correspondente liquidación en base aos alumnos/as e períodos, tanto do ano 2020 como os que tiñan pendentes cantidades de pago de anos anteriores.

Deste modo, os Concellos de Cervo, Burela e Foz están ao día nos seus ingresos, así como Viveiro, concello que anticipa o pago total. O Concello de Cervo aboou a cantidade das probas do ano 2020 o 29 de decembro de 2020 e o Concello de Burela, o día 30 de marzo de 2021.O Concello de Foz púxose o día aboando a cantidade atrasada de 18.772,24 euros o día 29 de xullo de 2020 e o correspondente ao ano 2020, o 24 de decembro de 2020.

Por parte do Concello de Ribadeo, está pendente de pago a cantidade de 20.412,74 euros, dende o ano 2.011 ata o ano 2.020 inclusive.

Por parte do Concello de Ortigueira a cantidade pendente de pago ascende a 10.888,34 euros, nos períodos comprendidos entre os anos 2008-2010 e 2011 a 2020. Tamén está pendente de abono o Concello de Mondoñedo, que segundo foi informado o Concello de Viveiro, realizará dito ingreso en breve, dunha cantidade de 622,28 euros.

Dende o Concello de Viveiro insisten en que en diversas ocasións mantiveron conversas cos citados concellos, co obxecto de regularizar ditos pagos, mais sen que se fixeran efectivos ata o día de hoxe.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...