IniciosociedadeA residencia de Trabada aumentará as súas prazas pola alta demanda rexistrada

A residencia de Trabada aumentará as súas prazas pola alta demanda rexistrada

Aumentará o número actual en nove, ata poder atender case 40 usuarios, xa que, actualmente, hai 20 persoas en lista de agarda.

Publicada o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou a ampliación das prazas da residencia pública que a institución provincial ten en Trabada debido á alta demanda que rexistra, con 20 persoas a día de hoxe na listaxe de agarda.

A Deputación inicia agora o procedemento administrativo para aumentar en nove, ata 39, as prazas residencias deste centro para dar resposta “á necesidade social da comarca e tamén á listaxe de agarda que temos para esta residencia, o que demostra unha vez máis que o noso modelo público, de calidade e de proximidade, funciona”, subliñou o presidente a través dun comunicado.

Así mesmo, detallou que “o centro foi construído para poder dar resposta a esas prazas e conta coa capacidade e as infraestruturas o suficientemente amplas para atender a 9 persoas máis sen renunciar aos altos niveis de calidade asistencial que nos marcamos”. A día de hoxe, o Centro de Atención a Maiores de Trabada conta con 28 residentes, atopándose a día de hoxe máis de 20 persoas na listaxe de agarda. Cómpre lembrar que unha das prazas existentes está reservada para ser ocupada pola vía de urxencia se é necesario.

Unha vez que a Deputación reciba a autorización da Administración galega, a Deputación e o Concello de Trabada deberán modificar o convenio especifico entre as dúas administracións para establecer as novas achegas que cada unha delas deberá facer para axudar a sufragar os custes das prazas. A decisión de solicitar á Xunta de Galicia o aumento da capacidade asistencial foi adoptada nunha comisión de seguimento deste servizo provincial presidida por José Tomé e da que forman parte a Deputación e o Concello trabadense.

Reunión da comisión de seguimento da residencia de trabada presidida por José Tomé e da que forman parte a Deputación e o Concello trabadense / Deputación de Lugo

MÁIS EQUIPAMENTO

Para poder atender a 39 persoas usuarias no CAM de Trabada serán necesarias un conxunto de actuacións valoradas nun importe de en torno aos 20.000€. Entre elas, destaca o equipamento das habitacións con camas, colchóns e diferente mobiliario necesario para que a estancia sexa o máis pracenteira posible.

Así mesmo, proxéctase a ampliación da sala polivalente, que aínda que é ampla e acolledora, farase máis grande para aproveitar mellor o espazo e lograr que aumente en luminosidade ao recibir con esta mellora un maior grao de luz solar directa. Tamén se adecuarán os espazos de almacenamento para adaptalos ás novas necesidades.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...