Iniciosociedade(Vídeo) Así foi a visita de Jesús Calleja a Ribadeo

(Vídeo) Así foi a visita de Jesús Calleja a Ribadeo

O rexedor de Ribadeo destaca que foi "un pracer estar con el para falarlle dos mil e uns recunchos do noso concello".

Publicada o

- Advertisement -

Jesús Calleja prometeu que se trasladaría ao que resultase gañador de ‘O pobo máis amado’, o concurso convocado polo operador telefónico Adamo para lembrar e destacar as virtudes das formas de vida que se desenvolven no mundo rural. Nunha apertada última fase, foi Ribadeo a que se alzou en marzo co título honorífico de ser “a poboación máis querida” por diante de Cintruénigo (Navarra), El Puente del Arzobispo (Toledo), Maçanet da Selva (Xirona) e Ullastrell (Barcelona), finalistas de entre un total próximo a 1.200 poboacións participantes.

Por iso, e para cumprir a súa palabra, o popular presentador achegouse a este concello mariñao para sorpresa dos veciños e realizou unha visita acompañado do rexedor, Fernando Suárez. Ademais, o montañista leonés realizou unha gravación para continuar coa campaña promocional posta en marcha por Adamo para pór en valor a vida rural e dar a coñecer por que o citado gañador é “o pobo máis amado do país”.

O PRACER DE ENSINARLLE OS “MIL E UNS RECUNCHOS” DE RIBADEO

O propio rexedor cualificou o certame como “unha iniciativa intelixente” e celebrou a visita de Jesús Calleja. “Foi un pracer estar con el para falarlle dos mil e uns recunchos do noso concello. Como o bo sempre vai en pequenas cantidades, temos un pouco de todo, non estamos abarrotado e sempre hai algo interesante que facer ou que ver aquí. Esperemos un pouco máis para que a pandemia diminúa e podamos ensinar todo o noso potencial novamente. De Ribadeo para o mundo. Saúde”, escribíu Suárez nas súas redes sociais.

CONEXIÓN A INTERNET

Máis aló de ser ‘a poboación máis querida’, Adamo ofrece aos veciños da localidade galega que sexan novos clientes un paquetes de fibra óptica por tan só 1 euro ao mes durante un trimestre, así como o Concello de Ribadeo terá un ano gratis de conexión a Internet. Para facilitar ese despregamento, Adamo achegará 3.000 euros ao seu distribuidor oficial no concello. Pero tamén os habitantes dos outros catro finalistas poden beneficiarse desta oferta especial, que permanecerá dispoñible para eles até o próximo 31 de maio.

Adamo, con sede en Barcelona, é un operador español, pero cun enfoque de negocio rexional e local. Presente no mercado español desde 2007, a compañía dá prioridade ás áreas rurais e ás novas zonas urbanas cunha alta densidade de poboación, proporcionando a fibra óptica máis rápida do mercado (1.000 Mbps).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...