InicioOrientalBarreirosComeza a reparación de varios accesos a praias da Mariña

Comeza a reparación de varios accesos a praias da Mariña

O obxectivo é ter acabadas as obras antes da temporada estival. A primeira actuación estase executando no acceso a Rocas Brancas, en Ribadeo. Pero tamen haberá actuacións en Foz, Barreiros e Burela. A xunta informa tamén da limpeza de varios ríos da comarca.

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa de que a Xefatura provincial de Costas comezou hoxe o arranxo de varios accesos a praias da Mariña que se atopan pechados por mor dos danos ocasionados polos temporais do último inverno.

Isabel Rodríguez anunciou que os traballos comezaron este luns no acceso ao areal de Rocas Brancas, no concello de Ribadeo, e para as próximas semanas hai previstas novas actuacións para recuperar as escaleiras da praia de Coto, no municipio de Barreiros, o acceso á praia de Arealonga, en Foz, e no espigón da praia da Marosa, en Burela.

A subdelegada indicou que estes traballos están incluídos no plan de conservación e mantemento do litoral e o seu custe estímase nuns 30.000 euros. Rodríguez explicou que o obxectivo de Costas é ter acabadas as obras antes do comezo da próxima temporada estival.

LIMPEZA

Por outra banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar traballos de limpeza en treitos interurbanos do río Xunco ao seu paso pola parroquia de Sargadelos, en Cervo, e no río Xunqueira en Cabandela e Os Muíños, no municipio de Viveiro. Igualmente, este luns mesmo comezan as tarefas no Rego de Nois, na parroquia de San Xiao de Foz.

Son actuacións preventivas que executa a Xunta para mellorar o comportamento hidráulico e minimizar os efectos das posibles enchentes. En concreto, realízanse labores de retirada da vexetación do leito, árbores e pólas caídas así como silvas, carrizos ou fentos, e elimínanse as obstrucións que puideran entorpecer o curso da corrente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...