IniciosociedadeVacinación masiva aos mariñeiros de Burela este venres

Vacinación masiva aos mariñeiros de Burela este venres

A vacinación ao sector comezou este xoves en Vigo.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou o inicio da vacinación masiva de mariñeiros de altura e grande altura este xoves en Vigo, un proceso que continuará o venres en Burela.

García Comesaña lembrou que en febreiro mandaron unha solicitude ao Goberno pedindo que o fixese o Instituto Social da Mariña (ISM). Finalmente, explicou que esta semana se lles trasladaron os datos para que sexa a Administración autonómica quen proceda á vacinación con Janssen.

“Desde hoxe empezaron a vacinarse en Vigo, mañá en Burela”, sentenciou o conselleiro quen explicou que se fará en mariñeiros de altura e grande altura cos datos trasladados polo ISM.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...