A actriz Gwyneth Paltrow aconsella, na súa web de estilo de vida Goop.com, a compra dunha aldea abandonada no val do Eo.
Como recolle Galicia Confidencial, a oscarizada actriz británica recomenda mercar un conxunto rural de vivendas á venta por 149.550 euros no portal Aldeas Abandonadas.
“REGALO”
A web de Paltrow inclúe a aldea dentro dunha sección de regalos, chamada “presentes ridículos pero impresionantes“, coa seguinte introdución: “para cando fai falta unha aldea”, xogando coa frase feita en inglés que significa que algo require un gran esforzo.