Gwyneth Paltrow recomenda como “regalo” a compra dunha aldea abandonada no val do Eo

A oscarizada actriz británica inclúe un conxunto rural á venta por 149.550 euros dentro dunha selección de "presentes ridículos pero impresionantes" da súa páxina web Goop

Aldea abandonada en venta no val do Eo. AXM

A actriz Gwyneth Paltrow aconsella, na súa web de estilo de vida Goop.com, a compra dunha aldea abandonada no val do Eo.

Como recolle Galicia Confidencial, a oscarizada actriz británica recomenda mercar un conxunto rural de vivendas á venta por 149.550 euros no portal Aldeas Abandonadas.

“REGALO”

A web de Paltrow inclúe a aldea dentro dunha sección de regalos, chamada “presentes ridículos pero impresionantes“, coa seguinte introdución: “para cando fai falta unha aldea”, xogando coa frase feita en inglés que significa que algo require un gran esforzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here