Iniciosociedade3.500 persoas serán vacinadas esta semana na Mariña contra a covid

3.500 persoas serán vacinadas esta semana na Mariña contra a covid

Este martes e mércores serán inmunizadas 1.300 persoas de 50 a 59 anos coa primeira dose.

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 6.400 persoas con idades comprendidas entre os 50 e os 59 anos de idade recibirán esta semana a primeira dose da vacina contra a Covid-19 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, segundo informaron fontes do Sergas. Para esta semana, do 24 ao 29 de maio, foron citadas ao redor de 18.000 persoas para recibir a vacina nos tres hospitais públicos da provincia de Lugo.

Este luns foi dedicado ás persoas que non acudiron no seu momento á cita programada, así como á aplicación de segundas doses a colectivos concretos.

Este martes -día 25- e o mércores estarán dedicados á inmunización do colectivo de 50 a 59 anos, con aplicación de 6.400 doses entre ambos os días: 4.200 no HULA, 1.300 na Mariña e 900 en Monforte de Lemos.

SEGUNDA DOSE DE 70 A 79 ANOS

O xoves estará dedicado, de novo, a rescates, mentres que o venres e o sábado serán para a aplicación de segundas doses na poboación de 65 a 69 anos de idade.

Entre ambos os días serán aplicadas algo máis de 10.000 doses da vacina correspondente: Máis de 6.500 no HULA, 2.155 na Mariña e 1.385 en Monforte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...