Agora tamén poderás facer PCRs nas farmacias da Mariña

O plan do Sergas pretende diagnosticar persoas de entre 12 e 64 anos.

Proba PCR. EFE/ENRIC FONTCUBERTA

Chegan as PCR de farmacia á toda a Mariña. Máis do 80% dos establecementos da área sanitaria –151, en total de toda a — comezan este luns 24 de maio a realizar probas PCR tralo do convenio acordado pola Consellería de Sanidade, o Sergas e o Colexio de Farmacéuticos de Lugo.

O plan pretende diagnosticar persoas de entre 12 e 64 anos que, de forma gratuíta, poden pedir unha proba PCR de saliva. Para tal fin deben facilitar a súa tarxeta sanitaria nas oficinas de farmacia, onde poderán recibir o kit para recoller eles mesmos a mostra que, posteriormente, será enviada ao Laboratorio de Microbioloxía de Vigo.

O resultado é comunicado por SMS en pouco tempo. No caso de ser positivo, o paciente deberá someterse a unha PCR para contrastar a diagnose. Estas probas están ter en todas as farmacias da provincia que se sumaron a esta iniciativa,  151 de 186, o 80%. O prazo para que novos centros se adscriban á rede segue aberto.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here