IniciosociedadeUn mariñán de 35 anos, o paciente máis novo ingresado na UCI...

Un mariñán de 35 anos, o paciente máis novo ingresado na UCI do HULA con covid

está relacionado co brote detectado na localidade de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un paciente mariñán de 35 anos de idade é a persoa máis nova afectada por coronavirus que ingresou na Unidade de Coidados intensivos do HULA desde que comezou a pandemia.

Fontes sanitarias confirmaron a EFE que este paciente está relacionado co brote detectado na localidade de Viveiro, o mesmo que fixo que esa localidade pasase o nivel alto de restricións como consecuencia do incremento da incidencia do covid-19.

Ingresou inicialmente no Hospital Público da Mariña, pero finalmente tomouse a decisión de trasladalo ao HULA e o mércores ingresou na unidade de críticos do hospital, onde hai nestes momentos dous pacientes asistidos a causa do coronavirus.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, informou de que as idades dos pacientes ingresados na provincia como consecuencia de procesos “graves” por mor de “infeccións por covid-19 son cada vez máis baixas”.

“IDADES MÁIS BAIXAS”

“O que estamos a observar”, precisou en declaracións a EFE, “é que as idades dos pacientes ingresados, tanto as unidades de hospitalización como nas de críticos, son cada vez máis baixas”. Segundo Ares, esa situación é unha consecuencia directa, “un efecto fundamental, da vacina, porque as persoas maiores xa están nunha porcentaxe elevada inmunizadas e os procesos máis graves prodúcense nos grupos que están aínda sen vacinar”.

Ramón Ares aclarou que esas reaccións máis adversas están a producirse mesmo “en xente non que tiña patoloxías previas”. Hai casos, recoñeceu, de persoas que pasan directamente da porta de urxencias ás unidades de coidados intensivos.

Nese sentido, insistiu na importancia de manter as medidas de seguridade xa coñecidas para evitar os contaxios, á espera de quede completada a campaña de vacinación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...