IniciosociedadeSeguen aumentando os casos covid a pesar das alertas do Sergas

Seguen aumentando os casos covid a pesar das alertas do Sergas

Dos 90 novos contaxios novos este luns en Galicia, 20 foron da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.

Publicada o

- Advertisement -

O xerente da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, alertaba este luns que seguen aparecendo casos na Mariña e en Lugo cidade, que é onde se concentra a maior porcentaxe de poboación.

“Cremos que o brote está estabilizado e confiamos en non ter que aplicar medidas máis duras. É o que esperamos, pero tampouco somos adiviños. Estamos a traballar para que non haxa que aplicar máis restricións”, comentaba Ares.

Pero, os datos volven confirmar que a na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte seguen aumentando os casos e é unha das poucas nas que están crecendo os novos casos covid.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, seguen aumentando os casos activos nesta área sanitaria, con nove contaxiados máis que o martes, aínda que no conxunto de Galicia manteñen a tendencia descendente por décima xornada consecutiva e redúcense a 2.208, que supoñen 54 menos que a xornada anterior.  Deste xeito, os casos totais en Lugo son 262.

NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios deste coronavirus no conxunto de Galicia continúan por baixo do centenar con 90, despois de iniciar esta semana con 76, polo que son 14 máis, deles 20 na  área de Lugo, que segue sendo a segunda máis afectada de Galicia.

PACIENTES

Pola súa banda, os pacientes Covid en UCI no conxunto de Galicia descenderon a 25, seis menos, e os que permanecen noutras unidades de hospitalización a 84, dez menos. Por áreas sanitarias, na de Lugo baixan a dous os críticos –un menos– e a nove os doutras unidades –tres menos–.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...