Os hotesteleiros da Mariña seguen moi enfadados coa decisión do Comité Clínico da Xunta de manter restricións altas en Viveiro e medias en Xove. Consideran que esta situación prexudica ao sector e, por iso, anuncian mobilizacións.
Concretamente, os hosteleiros de Viveiro realizarán novas accións. Este xoves sacarán o mobiliario de mesas e cadeiras dos interiores dos seus negocios e os porán apillados na rúa xunto ao cartel “Véndese ou se traspasa mobiliario por falta de uso”. A acción estenderase durante todo do día en sinal de protesta polo que consideran “inxustas restricións ás que se está vendo sometida a hostalaría”.
RIBADEO
Pola súa banda, a Asociación de Comerciantes de Ribadeo (Acisa) fai unha chamada á prudencia e á cautela ante o aumento de casos de covid que se está rexistrando nos últimos días en Ribadeo. O seu presidente, Francisco Iriarte, destaca que están preocupados porque non haxa unha repunta “que nos leve de novo a limitacións na capacidade de traballo”.
“Por iso insistimos en pedir a máxima responsabilidade á cidadanía. Os hostaleiros non son policías e estáselles pondo en situacións comprometidas. Así nolo están trasladando, está a verse un exceso de relaxación na cidadanía, que quizais sexa excesivo. Queremos ser claros: a responsabilidade é de todos, hostaleiros, comerciantes… pero especialmente agora, é dos clientes”, suliña e lembra aque o 99 % dos locais cumpren coas normas.