IniciosociedadeAumentan os casos covid en oito concellos da Mariña na última semana

Aumentan os casos covid en oito concellos da Mariña na última semana

A provincia de Lugo segue aumentando o número de casos activos, novos contaxios e ingresos hospitalarios.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo, Foz, Cervo, Burela, Xove, Viveiro, Lourenzá e a Pontenova son os concellos da Mariña nos que se rexistraron entre un 1 e 9 casos nos acumulados da última semana segundo os datos do Consellería de Sanidade. A peor situación está en Lourenzá que ten 250 casos por 100.000 habitantes, mentres que no resto destes concellos a situación varía entre os 10 casos e os 125 por 100.000 habitantes.

Galicia alcanza xa os 3.231 casos activos de Covid-19, que supoñen máis de 1.390 máis que hai unha semana, tras dispararse os novos contaxios a 412, que implican 45 máis que o día pasado; mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavorus mantéñense en 58 –nove deles en ICI– e a taxa de positividade segue nun 5,8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, a área sanitaria de Lugo continúa cun en críticos e concentra catro noutras unidades –un máis–.

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 superan a barreira dos 3.000 para situarse en 3.231, cando hai unha semana atopábanse en 1.837, o que implica un aumento de 1.394 en sete días, o que supón un novo ascenso por décimo quinta xornada consecutiva. Por tanto, hai 314 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (412) que altas (97), ao que se suma unha nova vítima mortal.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan de novo nas sete, 38 en Lugo, o que deixa xa o número total de casos activos en 352.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...