IniciosociedadeAumentan os casos en toda a Mariña e só O Vicedo, O...

Aumentan os casos en toda a Mariña e só O Vicedo, O Valadouro e Trabada están libres na última semana

Viveiro e Foz son os concellos que rexistran máis contaxiados. En toda a provincia de Lugo houbo máis de cen contaxios este mércores.

Publicada o

- Advertisement -

Alfoz, A Pontenova e Ourol súmanse aos nove concellos da Mariña que xa tiñan algún contaxio covid no acumulado da última semana; Barreiros, Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Riotorto, Mondoñedo, Cervo,  Xove e Lourenzá . Só tres deles, O Vicedo, O Valadouro e Trabada non teñen casos novos na última semana.

A situación empeora en Viveiro e en Foz. Na primeira localidade son 22 os contaxiados e na segunda, 21 no acumulado da última semana. O resto rexistraron entre un 1 e 9 casos variando a incidencia entre os 150 e 250 contaxiados por 100.000 habitantes e entre os 25 e 75.

GALICIA E LUGO

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse ao chegar ao ecuador de xullo a 1.097, que supón a cifra máis alta desde o inicio deste verán no marco da quinta onda, e os casos activos repuntan a 7.208. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus increméntanse a 79, unha ducia máis, e a taxa de positividade sobe lixeiramente a un 9%.

Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, na área de Lugo aumentan a dous os pacientes en críticos –un máis– e a tres os doutras unidades –un máis–.

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

No ecuador do mes de xullo os casos activos repuntan a 7.208, que supoñen 910 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.097) que altas (185), ao que se engaden dous falecementos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete de novo con Lugo con 92 e subindo a 631 casos.

CONTAXIOS DISPARADOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia disparáronse por encima do milleiro a 1.097 –que implican 331 máis que o día anterior– tras manterse as dúas últimas xornadas por encima dos 700, despois de iniciar esta semana con 630.

En toda Galicia foron confirmados 1.082 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 302 máis que a xornada pasada, dos cales 105 son da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...