Dispáranse os casos covid na Mariña, especialmente, nos concellos da costa

Viveiro, Foz, Burela e Ribadeo son os que máis contaxios rexistran. Só Riotorto non ten ningún contaxiado nunha comarca na que se duplicaron os casos desde a última semana.

Proba PCR. EFE/MARCIAL GUILLÉN

Os casos covid na comarca da Mariña están disparados. Nunha semana duplicáronse o número de contaxiados e nalgúns concellos mesmo se triplicaron. Segundo os datos do Sergas, Viveiro, Foz Burela e Ribadeo son os municipios con máis persoas afectadas e en todos eles se supera a incidencia de 250 casos por 100.000 habitantes na última semana.

Así, Viveiro ten 87 casos; Foz, 53; Burela, 52; Ribadeo, 43; Cervo, 21 e Mondoñedo, 14. Tamén estes dous últimos superan a incidenca de 250 casos por 100.000 habitantes. Un dato preocupante e superior ao recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) que tamén rexistran Ourol, O Valadouro, Alfoz, aínda que teñen entre 1 e 9 casos.

Barreiros e Lourenzá teñen entre 1 e 9 casos e entre 125 e 250 de incidencia por 100.000 hatitantes; Xove, O vicedo e Trabada teñen entre 1 e 9 casos e incidencia entre 75 e 125 e A Pontenova, entre 1 e 9 casos e incidencia entre 25 e 75 por 100.000 habitantes.

Só o concello de Riortorto non conta con ningún contaxiado na última semana.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here