Primeiro morto na Mariña con covid tras meses sen falecidos

Trátase dun home de 84 anos que morreu no Hospital da Mariña.

Hospital Público da Mariña. PLATAFORMA

A Consellería de Sanidade informou da morte nas últimas horas de dous homes contaxiados por covid-19, aínda que con patoloxías previas ambos os dous, co que as vítimas mortais en Galicia elévanse a 2.455.

Segundo a información remitida por Sanidade, unha das mortes produciuse o martes no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Trátase dun home de 63 anos de idade.

Pola súa banda, este mércores faleceu no Hospital da Mariña outro home de 84 anos de idade, tamén contaxiado con coronavirus.

Nas últimas horas en Galicia a presión hospitalaria reduciuse lixeiramente a 264 pacientes hospitalizados pola Covid-19, mentres que os novos contaxios baixan a 1.257, pero os casos activos aumentan a 18.535.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here