IniciosociedadeA covid volve a golpear as residencias da Mariña

A covid volve a golpear as residencias da Mariña

Xa hai un centro en Alfoz e outro en Ribadeo con contaxiados.

Publicada o

Os usuarios de residencias galegas con coronavirus ascenderon este martes a 64, dos que 32 son maiores e outros tantos son persoas internas en centros de atención á discapacidade, tras detectarse 18 positivos en distintos centros, informa Política Social.
Así, súmanse ao cómputo 10 persoas con discapacidade da residencia Fogar e Clínica San Rafael de Vigo; seis maiores da vivenda comunitaria de Alfoz (Lugo) e dous usuarios da residencia xeriátrica de Ribadeo (Lugo).
Polo momento hai 32 maiores contaxiados nas residencias galegas: un en Caser A Zapateira; 18 na residencia Santo Estebo de Perlio, en Fene; seis en Alfoz; dous na residencia Bo Día Magnolio de Vigo; un na residencia Val do Dubra (A Coruña), dúas en Ribadeo e dúas na Concepción Arenal da Coruña.
Ademais, hai 32 usuarios de centros de discapacidade co virus: un no CAPD de Sarria (Lugo) e 31 en Fogar e Clínica de San Rafael (Vigo).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...