IniciosociedadeNingún concello da Mariña en nivel máximo, do que saen Burela, Foz...

Ningún concello da Mariña en nivel máximo, do que saen Burela, Foz e Viveiro

Estos tres, xunto con Xove e Ribadeo, están agora en nivel alto. Cervo e Mondoñedo, en nivel medio.

Publicada o

- Advertisement -

As cidades de Santiago de Compostela e Ourense sairán do nivel alto de restricións, segundo informou en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia de Covid. Pola súa contra, a de Lugo seguirá con restricións altas igual que Burela, Foz e Viveiro, que saen das restricións máximas.

A evolución epidemiolóxica nestas cidades permite relaxar as restricións e pasarán do nivel alto ao nivel medio. Mentres, o resto de grandes urbes (A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol) manterán o nivel alto de limitacións, xunto a outros 50 municipios.

Con respecto aos concellos co nivel máximo de restricións, reduciranse a un só municipio, O Grove, tras mellorar a súa situación as outras 8 localidades que permanecen neste nivel: Burela, Foz, Viveiro, Sanxenxo, Muros, Monterroso, Meaño e Baiona. Todos eles pasarán a nivel alto, excepto Monterroso, que descende directamente a nivel medio.

RESTRICIÓNS ALTAS E MEDIAS

De feito, tanto Burela, Foz como Viveiro teñen agora restricións altas xunto con Chantada, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei.

Pola súa banda, Palas, Cospeito, Guitiriz, Monterroso, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria e Vilalba teñen nivel medio de restricións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...