IniciosociedadeA Mariña líbrase das grandes restricións do comité clínico da Xunta

A Mariña líbrase das grandes restricións do comité clínico da Xunta

Ningún dos concellos da comarca está en nivel máximo, alto ou medio.

Publicada o

O Comité Clínico dependente da Xunta decidiu declarar o nivel máximo de alerta sanitaria nos concellos de Monforte e Ordes tras o gran incremento de casos que tiveron lugar nestes municipios nos últimos días. Deste xeito, Galicia volverá contar con municipios neste ámbito, tras quedar o fin de semana pasado sen localidades nesta situación. Unha situación da que se libran os concellos da Mariña, que non terán restricións.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou destes cambios, o cal atribuíu á ponte de tres días, coa celebración de festas patronais, comidas privadas e algúns “na hostalaría”.
Por outra banda quedan en nivel alto na área sanitaria da Coruña os concellos de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda. Na área sanitaria de Ferrol os municipios de Pontedeume, Ares, Cariño. Na área sanitaria de Santiago, os de Melide e Trazo.
Tamén na área sanitaria de Lugo quedan en nivel alto os concellos de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober. Na de Ourense os do Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa. Na área de Pontevedra os municipios de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade e na de Vigo os de Nigrán, O Rosal, e A Cañiza.
O Comité Clínico tamén deixa en nivel medio aos concellos da Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso,  Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, na área sanitaria da Coruña. Os de Fene, Narón,  Cabanas, Mugardos, Ferrol na área de Ferrol e os de Santiago, Rianxo,  Boiro, Silleda,  Santa Comba, Oroso, Porto do Son, na de Santiago.
Tamén quedan neste nivel os concellos de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte na área de Lugo; Allariz, Xinzo de Limia,  A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín na área sanitaria de Ourense; A Lama,  Marín,  Catoira, Caldas de Reis,  Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu na área de Pontevedra e os de Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén.  O Porriño,  Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Tui, Tomiño na área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...