IniciosociedadeA Mariña clamará este venres contra a violencia de xénero

A Mariña clamará este venres contra a violencia de xénero

Unha obreira do centro de día ribadense denuncia que a Xunta non permite aos empregados respaldar os actos do 25-N, que se celebrarán en toda a bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Viveiro rexistrou 30 consultas relacionadas co maltrato e a Policía Nacional ten abertos 16 casos por violencia de xénero.

Destes 16 casos, contabilízanse 14 vítimas desta lacra, pois unha das persoas padeceu a violencia de dous maltratadores.

A maioría destes casos son considerados de risco leve, aínda que hai catro de nivel medio e un de peligro alto.

VIVEIRO CONTA 30 CONSULTAS POR MALTRATO E 16 CASOS ABERTOS POR VIOLENCIA MACHISTA, UN DELES DE RISCO GRAVE

Son datos ofrecidos pola concellería da muller de Viveiro, con motivo da celebración, o 25-N, do día pola eliminación da violencia contra as mulleres, que encherá A Mariña Lucense de actos reivindicativos.

VIVEIRO

O Concello de Viveiro, que habitualmente realizaba un acto institucional coa lectura dun manifesto, apostará esta vez por levar o debate sobre a violencia machista á educación.

O acto central será este venres, desde as 11.30 horas no pavillón municipal, no que participarán uns 600 alumnos de todos os colexios e institutos do municipio.

Tamén se contará coa presenza de usuarios de Aspanane, e cada un dos centros terá entre cinco e dez minutos para realizar unha exposición artística da súa visión sobre o maltrato e a violencia contra as mulleres.

600 ALUMNOS E USUARIOS DE ASPANANE PARTICIPARÁN NO EVENTO CENTRAL DA CIDADE DO LANDRO

Ademais, o domingo haberá actos reivindicativos no encontro de Preferente Autonómica do Viveiro CF e ao longo da vindeira semana o CIM impartirá obradoiros nos centros educativos para detectar micromachismos e educar en igualdade.

RIBADEO

En Ribadeo, onde 150 entidades e negocios locen de negro desde o día 16, celebrarase tamén este venres o acto principal da campaña organizada polo Concello.

Desde as 12.00 horas, desenvolverase na rúa de San Roque. Participarán entidades sociais e centros educativos e pechará o acto a actriz Iria Sobrado, cunha performance titulada ‘Titania‘.

CRÍTICAS Á XUNTA

Unha fisioterapeuta do centro de día de Ribadeo acusou á Consellería de Política Social de prohibir aos traballadores do servizo sanitario sumarse a calquera acto reivindicativo no 25-N que non fora o institucional promovido pola Xunta de Galicia.

A TRABALLADORA LEMBRA QUE “O MACHISMO DEBERA SER PREOCUPACIÓN DAS PERSOAS QUE OCUPAN CARGOS NA ADMINISTRACIÓN”

A traballadora, Sandra Saavedra, lembra que “as violencias machistas deberan ser preocupación das persoas que ocupamos postos de responsabilidade política ou técnica en calquera nivel de administración”, e denuncia “o recorte de independencia, autonomía e liberdade” aos empregados.

BURELA

Os actos de Burela en Negro comezarán ás 11.00 horas e desenvolveranse na Praza do Concello.

No encontro intervirá alumnado do centros educativos e tamén a banda municipal de música. O goberno local entregará os premios dos certames narrativos relacionados coa violencia machista.

A PRAZA DO CONCELLO DE BURELA ACOLLERÁ ACTOS DOS CENTROS EDUCATIVOS E DOS EQUIPOS DEPORTIVOS DO MUNICIPIO

Tamén haberá unha mesa informativa e un libro de sinaturas para respaldar ás vítimas do maltrato. O acto concluirá coa lectura dun manifesto institucional.

Pola tarde, desde as 17.00 horas, os clubs deportivos de Burela concentraranse na mesma praza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...