Castiñeira pide a Fomento que constrúa dúas microrrotondas en Cangas

O Goberno ten listos os proxectos das actuacións, que ascenderían a case 400.000 euros

N-642 ao paso por Cangas de Foz. AXM

O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, solicitou ao Ministerio de Fomento que axilice a construción de dúas microrrotondas na N-642, ao seu paso por Cangas.

O rexedor focego sinala que están feitos os proxectos para estas actuacións, cun investimento cercano aos 400.000 euros.

Castiñeira entende que “as últimas decisións do Goberno de crear liñas continuas en zonas onde antes había accesos prexudicou moito á mobilidade dos veciños de Cangas, que é unha das parroquias máis poboadas do municipio, cuns mil habitantes”.

De aí a petición de construír as microrrotondas, que, cre Castiñeira, “mellorarían moito a seguridade”.

OBRAS DE REPARACIÓN DA VÍA

O alcalde de Foz considera que “o ideal sería poder facelas conxuntamente coas obras de reparación da estrada N-642. O Goberno anunciou que se ían facer despois do verán, pero a día de hoxe soamente están feitas as obras de emerxencia e están pendentes as de maior envergadura”, indica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here