IniciosociedadeA Xunta defende o estado da Atención Primaria da Mariña a pesar...

A Xunta defende o estado da Atención Primaria da Mariña a pesar das protestas

Comesaña di que o plan director da Mariña "está moi avanzado".

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ratificou este luns a aposta da Xunta por manter os hospitais comarcais de Galicia “en plena forma” con actuacións de mellora. Así o manifestou Comesaña nunha visita ao Hospital Público de Monforte, acompañado polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares Rico.

Na súa visita o conselleiro explicou que está en marcha o plan director da Mariña, “moi avanzado”, pendente da segunda fase. “Imos chegar aos 15 millóns de euros na segunda fase”, abundou. Unhas declaracións que fai tras recentes protestas de rexedores e da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública da Mariña polos problemas da Atención Primaria na comarca.

O titular de Sanidade incidiu na “previsión importante en infraestruturas no ámbito dos hospitais comarcais” que ten a Xunta, con outras como no Salnés e Verín. Neste sentido, reiterou a “aposta clara polo Hospital de Monforte por moitos anos”, obxectivo que “mantén desde hai 12 anos” e que se “consolida” coas obras de renovación presentadas este luns. Respecto diso, concretou o investimento en ampliar o Hospital de Día de Oncomatoloxía polivalente, que “duplica o espazo que tiña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...