Ribadeo instala un contedor rosa para concienciar sobre o cancro de mama

Está instalado no parque de San Francisco. Desde o Concello reiteran a necesidade das revisións periódicas.


Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio, da Fundación Sandra Ibarra, da Xunta e dos Concellos no día mundial da loita contra o cancro de mama. E faino coa instalación dun contedor rosa no parque de San Francisco para visualizar, divulgar e concienciar sobre esta enfermidade.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “hoxe, 19 de outubro, o Concello de Ribadeo súmase á campaña mundial contra o cancro de mama”. Seguidamente engadiu que esta é unha campaña estatal, a través da Fundación Sandra Ibarra que colabora con Ecovidrio. “É unha iniciativa a través de Ecovidrio e as comunidades autónomas, a través dos Concellos”.

O edil ribadense sinalou que “ten carácter de visualización e vai estar no parque San Francisco un contedor de cor rosa, identificativo con este día. Leva o lema de Coidate e coida o medio ambiente, ninguén te coñece mellor ca ti”.

Díaz Freije subliñou que “hai que reiterar o necesario que é facer esas revisións periódicas que as mulleres teñen que facer dunha idade para adiante e que se notan algo estraño vaian o máis inmediatamente posible ao médico para que lle fagan ese recoñecemento”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here