IniciosociedadeO BNG de Barreiros preguntará no pleno se un desfibrilador non se...

O BNG de Barreiros preguntará no pleno se un desfibrilador non se puido usar nun rescate

Os nacionalistas aluden a un escrito do colexio de enfermería que denuncia que o aparato estaba avariado e o alcalde asegura que se trata de "díxome díxomes"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros preguntará no pleno por un escrito presentado polo Colexio de Enfermería de Lugo sobre o mal funcionamento do desfibrilador do servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros durante un rescate o pasado verán.

No escrito, segundo os nacionalistas, o colexio profesional traslada a información achegada por unha persoa colexiada que presenciou un rescate no que o desfibrilador non puido ser utilizado ao estar estropeado.

A voceira do BNG local, Ana Ermida, asegura que “de ser certa esta información, estaríamos ante unha situación gravísima, na que o goberno municipal tería a responsabilidade de ter un servizo de salvamento e socorrismo infradotado de medios suficientes“.

Ermida afirma que “isto xa sería o despropósito absoluto, porque estaríamos falando xa non dun problema de mala xestión, senón de que se está a xogar coa vida das persoas“, sostén a voceira.

No pleno do vindeiro luns, ás 19.30 horas, o BNG barreirense pedirá coñecer o escrito e o expediente ao que debera ter dado lugar.

Ademais, o grupo municipal nacionalista solicitará explicacións por parte do goberno municipal ante “unha situación que, sumada á imaxe que se está a dar nos últimos anos no relativo á xestión das praias, confirmaría o descontrol absoluto sobre un servizo que ten sido pedra angular no concello de Barreiros“, conclúe Ermida.

O ALCALDE: O BNG “FALA POR DÍXOME DÍXOMES”

O alcalde, Alfonso Fuente Parga, criticou que a formación nacionalista dé crédito a “díxome díxomes” e asegurou que responderá á pregunta “o vindeiro luns, no pleno”. 

TARIFA DA LUZ

O BNG barreirense rexistrou unha moción para instar á corporación municipal a esixir, no pleno que se celebrará a finais de mes, que se adopten medidas que permitan rebaixar o recibo da luz.

A presentación da moción produciuse despois de que, durante pouco máis de dúas horas, recollesen máis dun cento de sinaturas de apoio ás propostas defendidas pola formación para lograr unha tarifa eléctrica galega e medidas que garantan o acceso da poboación á electricidade como un ben de primeira necesidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...