IniciosociedadeSOS Sanidade Pública recolle sinaturas en Ribadeo en apoio do sistema público...

SOS Sanidade Pública recolle sinaturas en Ribadeo en apoio do sistema público sanitario

Desde a Plataforma sanitaria valoran positivamente este primeiro acto informativo e de recollida de sinaturas. O seguinte acto será o día 9 de novembro ás 12 horas diante do hospital da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma sanitaria da Mariña desprazouse hoxe pola mañá a Ribadeo para facer unha recollida de sinaturas en apoio á sanidade pública. Diferentes activistas do colectivo sanitario informaron a veciñas e veciños dos motivos para a manifestación que o día 14 de novembro sairá da Alameda de Santiago. Ata o centro de saúde de Ribadeo achegouse o alcalde da vila para amosar o seu apoio total á sanidade pública .

SOS Sanidade Pública lembra que haberá autobuses gratuitos para acudir á mobilización. Para anotarse basta con chamar aos teléfonos 982140654// 982581861 e 667052058.
Desde a Plataforma sanitaria valoran positivamente este primeiro acto informativo e de recollida de sinaturas. O seguinte acto será o día 9 de novembro ás 12 horas diante do hospital da Mariña.

Segundo comenta a coordinadora, Montse Porteiro, “ a xente amosase moi receptiva á información veraz que lles damos ,polo que a recollida de sinaturas foi un éxito. Agardamos que estes actos sirvan para dar un toque de atención ao goberno da Xunta na recuperación da atención primaria, e que invistan o que sexa preciso en persoal e medios materiais, e non só en ladrillos como adoitan facer desde a Xunta”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...