IniciosociedadeViveiro poñerá un autobús para asistir á manifestación do 14 de novembro...

Viveiro poñerá un autobús para asistir á manifestación do 14 de novembro a favor da sanidade pública

O autobús sairá ás 9:00 horas da estación de autobuses de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que pon un autobús a disposición dos veciños e veciñas que queiran acudir este domingo, 14 de novembro, á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela, ás 12:00 horas, na defensa da sanidade pública, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

O autobús sairá ás 9:00 horas da estación de autobuses de Viveiro. Recoméndase a aquelas persoas que queiran desprazarse neste autobús que se anoten previamente nos números de teléfono 982 560 128, 982 140 654, 982 581 861 ou 667 052 058, para comprobar que existen prazas dispoñibles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...