As mesas informativas que onte e hoxe se colocaron no Hospital da Mariña e no Centro de Saúde de Viveiro rematan o a rolda de actos informativos da Plataforma Sanitaria previa á manifestación do 14 de novembro.
Numerosas veciñas e veciños da comarca achegáronse ata as dúas mesas a amosar o seu apoio á mobilización e na defensa da sanidade pública.
Desde a comarca da Mariña poñeranse autobuses gratuitos.Para anotarse hai que chamar aos teléfonos 982140654 , 982581861 e 667052058.