IniciosociedadeA Mariña en Ruta visitará o Viveiro industrial e as súas lendas

A Mariña en Ruta visitará o Viveiro industrial e as súas lendas

Aínda quedan prazas libres para esta convocatoria.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña en Ruta, unha inicitativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña, discorrerá esta fin de semana polo Viveiro industrial e as súas lendas. Os asistentes estarán acompañados por Noela Feal, guía oficial de Galicia. Para esta ruta e para a andaina pola paisaxe cultural de Portocelo, en Xove, que terá lugar o 27 de novembro e que será guiada polo arqueólogo David Fernández, aínda quedan prazas libres. A Mariña en Ruta concluirá o 4 de decembro por terras do Vicedo da man do arqueólogo Fran Canosa. Para esta última ruta as prazas están esgotadas.

As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e do teléfono +34 690 61 47 49.

O pasado sábado, 13 de novembro, un total de 15 persoas participaron no roteiro do Camiño de Santiago do Norte entre Lourenzá e Mondoñedo, dentro de A Mariña en Ruta. Nun percorrido de case 4 horas e 9 quilómetros de lonxitude, Claudia del Pino foi a guía encargada de conducir este itinerario que comezou na Praza do Conde Santo co seu impresionante Mosteiro de San Salvador para logo rematar na Praza da Catedral, da histórica cidade de Mondoñedo.

Esta antiga senda regalou aos participantes diversos compoñentes que forman a rica e diversa paisaxe da zona: pequenas aldeas vivas, espazos de cultivo forestal, zonas agrícolas, hortas con produtos de tempada, gando e un bosque autóctono outonal, arroupando o camiño cos seus ocres e amarelos.

REMATARON AS XORNADAS DE  PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DE ARTESANÍA

Tamén a pasada fin de semana tiveron lugar as últimas actividades programadas pola Mancomunidade dentro das III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía que comezaban a fin de semana do 29 ao 31 de outubro na Pontenova, Mondoñedo e Viveiro e do 12 ao 14 de novembro pasaron por Burela, Cervo e Foz.

O 12 de novembro as devanditas xornadas recalaron en Burela, coa visita ao Barco Museo Reina del Carmen e á asociación de redeiras Cabo Burela.  O sábado foi a quenda de Cervo, coa visita ao Museo Provincial do Mar e ao estaleiro de carpintería de ribeira da man do artesán local Francisco Fra. E o domingo remataban estas terceiras xornadas cunha visita á Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, e ao Espazo Caritel da man do artista plástico e artesán Daniel Caxigueiro.

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliña que “ao igual que a primeira fin de semana  as actividades tiveron unha moi bo acollida entre o público participante, completándose todas as prazas de 2 das 3 xornadas con público procedente da propia comarca, pero tamén doutros puntos das provincias de Lugo e da Coruña. Nesta ocasión a iniciativa foi destinada aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral”.

Ambos proxectos están organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ao abeiro do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e co apoio da Deputación Provincial de Lugo para a súa promoción.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...