O bispado de Mondoñedo-Ferrol emitiu este martes un comunicado no que anuncia que apartou a un cura “das súas funcións públicas” por unha denuncia presentada por un episodio de “acoso“.
A finais do pasado pasado mes de agosto, un mozo presentou unha denuncia contra o sacedorte por tocamentos que supostamente aconteceron no 2016, cando o rapaz tiña 17 anos.
Segundo o comunicado do bispado, o pasado 3 de setembro abriuse un período de investigación que segue aberto. Dentro do proceso incluíuse a toma formal da testemuña do rapaz implicado e do seu pai por parte do delegado.
os feitos obxecto de demanda producíronse supostamente no 2016, cando o denunciante tiña 17 anos
Así, mentres se esclarece o caso, o bispado adoptou “medidas cautelares preceptivas que pasan por apartar ao sacerdote das súas funcións públicas, dentro do respecto á presunción de inocencia”.
“UNHA ÚNICA DENUNCIA”
O bispado asegura que polo de agora só ten constancia desta denuncia contra o demandado.
PETICIÓN DE PERDÓN
O bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de Las Heras, subliña no texto que “para nós, a primeira preocupación son as vítimas de calquera abuso de poder e de conciencia sexual, e suscribiremos a condena de toda conducta inapropiada”.
O prelado pide “perdón ás vítimas que sufriron e sofren a causa de condutas inaceptables” e reitera “o noso compromiso contra calquera acción que vaia contra a dignidade do ser humano”.