Ribadeo espera “normalizar en tres semanas” a recollida de cartón e envases lixeiros

O Concello contratou de forma provisional á empresa ASCAM ata que o servizo saia a concurso, "en cinco ou seis meses"

Lixo acumulado nun contedor amarelo de Ribadeo, no pasado mes de outubro. AXM

O Concello de Ribadeo agarda que a situación coa recollida de lixo no municipio, que arrastra problemas desde a entrada en concurso de acredores da anterior adxudicataria, Soil Recovery, estea “normalizada no prazo de tres semanas”.

Así o asegurou o concelleiro de limpeza viaria, Jorge Díaz Freije, que anunciou a contratación da empresa Ascam para a recollida de cartón porta a porta, dos envases lixeiros e do punto limpo.

O goberno local asegurou que a firma “comeza o traballo esta semana” e que exercerá provisionalmente “ata que saia de novo a concurso público este servizo”.

O goberno local externalizará esta prestación á espera de que, “en cinco ou seis meses, saia outra vez a concurso público este contrato”, apunta Díaz Freije.

RESPECTAR OS “TEMPOS LEGAIS”

O Concello lembra que “a empresa anterior deu en quebra” e que houbo que agardar “uns tempos legais para rematar os trámites de rescisión do contrato coa anterior adxudicataria do servizo”.

O concelleiro agradece “o bo comportamento dos veciños e dos comercios” nunha situación que califica de “emerxencia”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here