IniciosociedadeIdentifican ao exdeán de Santiago como o presunto abusador dun menor en...

Identifican ao exdeán de Santiago como o presunto abusador dun menor en Mondoñedo

O denunciante recoñece como suposto agresor a José María Díaz, natural da cidade episcopal e que volveu á Mariña tralo roubo do Códice Calixtino

Publicada o

- Advertisement -

O cura apartado polo bispado de Mondoñedo-Ferrol tras ser denunciado por suposto caso de abuso a un menor na cidade episcopal é José María Díaz, deán da catedral de Santiago de Compostela cando seu produciu o caso do roubo do Códice Calixtino.

Así o asegurou o demandante a Europa Press, como recolle Galicia Confidencial.

Díaz demitiu do seu cargo en decembro do 2012, logo de que en xullo do 2011 se espallase a nova do roubo do manuscrito, datado en 1150.

Nacido en Mondoñedo no 1930, o párroco volveu á súa cidade natal, que converteu no seu lugar de residencia.

Segundo o demandante, os feitos denunciados ocorreron no 2015, cando o rapaz contaba 17 anos.

A presunta vítima axudou ao párroco a baixar unhas escaleiras na praza da Catedral cando este aproveitou para tocarlle o traseiro, segundo o relato do denunciante á axencia de comunicación.

O demandante asegurou que hai máis casos de abuso por parte do denunciado, pero o bispado resalta que non lle consta ningunha outra denuncia.

INVESTIGACIÓN ABERTA

A Diócese Mondoñedo-Ferrol emitiu este martes un comunicado a través do que confirmou a nova adiantada por La Voz de Galicia, e informou de que abriu unha investigación por este motivo o pasado 3 de setembro, logo de recibir a denuncia a finais de agosto.

De forma “cautelar” e desde “o respecto á presunción de inocencia”, o bispado apartou a Díaz das súas “funcións públicas” ata que se esclareza o caso, pois a investigación continúa aberta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...