O mundo rural da Mariña leva experimentando un gran declive nos últimos anos e isto débese principalmente á escasez de fontes de empleo nas zonas rurais, escasez de servizos coma o transporte, o atractivo de vivir nas cidades ou ás mortes da xente maior e a falta de nacementos.
En Riobarba, municipio lucense do Concello do Vicedo, en todo o día non pasan apenas coches e os veciños que quedan superan de media os 70 anos de idade e saen da casa moi poucas veces. Máis alo deles, o ambiente que hai por Riobarba é aquela xente que se acerca á visitar aos seus familiares ou amigos.
“Entre as parroquias de Riobarba, Mosende e Cabanas hai 202 veciños“, di Cristina García Basanta, traballadora social do Concello do Vicedo, e “nos 30 anos que levo no meu posto este número non parou de baixar“. Achaca este feito, por unha banda, ás mortes e a falta de nacementos e, pola outra, á falta de emprego e oportunidades que obriga aos rapaces a marchar da súa vila.
Neste mundo rural e avellentado as únicas medidas que, a curto prazo, melloran a vida dos veciños son as relacionadas con facer máis cómodas as vidas dos veciños avellentados. “Tentamos que as persoas maiores reciban axudas nas tarefas da casa, hixiene persoal…”, comenta García Basanta.
ATRAER POBOACIÓN
“Para fixar e atraer poboación, dende o Concello facemos cursos e obradoiros cos mozos da comarca, que cando veñen a formarse tamén consomen nos nosos bares” comenta a traballadora social, aínda que recoñece que estas iniciativas non resultan efectivas para a demografía.
“Máis aló do ofertado pola Xunta non hai plans de oferta de vivenda nin de traballo para novos veciños nin tampouco de axudas para ter fillos, e logo que se está a facer dende a Administración Municipal para garantizar a vida na vila do Vicedo e nas súas parroquias?” preguntábase García Basanta.
FALTA DE RECURSOS
Tamén hai que destacar a falta de recursos que teñen os veciños para ir a determinados servizos como pode ser ir o hospital ou ao colexio. Para ir á consulta do doutor, os veciños de Riobarba teñen que desprazarse durante máis dunha hora para chegar ao hospital máis próximo, o de Burela.
Para acudir ao instituto, os rapaces desta vila teñen que erguerse unha hora e media antes do comezo das clases para coller o bus que os leven á Viveiro (15 km de distancia).
Nun futuro seguirá existindo o mundo rural ou acabará extinguíndose para sempre? Iso pregúntase a xente ante o continuo éxodo rural que hai hoxe en día.