- Advertisement -
A covid-19 segue causando vítimas mortais en Galicia. Este luns notificáronse tres novos falecementos de pacientes diagnosticados por coronavirus, un en Vigo, outro en Verín e un terceiro en Burela.
Concretamente, notificouse a morte, o pasado 26 de novembro, dun home de 72 anos no hospital de Verín; outro de 77 anos, o 27 deste mes, no CHUVI de Vigo, e unha muller de 92 anos no hospital de Burela, onte. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.