O litoral da provincia da Coruña e A Mariña lucense sufrirán o impacto do temporal que afectará a varias zonas de España este xoves. Meteogalicia activou o nivel amarelo de alerta en diversas franxas para o litoral coruñés por ondada e vento no mar; e por ondada no caso da Mariña.
En total, doce comunidades autónomas e a Cidade Autónoma de Melilla terán este xoves risco (aviso amarelo) ou risco importante (laranxa) por fenómenos meteorolóxicos adversos de choiva, neve, vento ou fenómenos costeiros, segundo avisou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Os avisos laranxas concéntranse no Principado de Asturias e norte de Castela e León por neve; en Aragón e Cataluña, por vento e neve, así como en Xirona e Baleares por fenómenos costeiros.
As choivas porán acumular de 20 litros por metro cadrado nunha hora a 40 litros por metro cadrado en 12 horas, o que motiva o aviso amarelo en Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúzcoa, Navarra, Mallorca e Menorca.