Adamo ofrecerá fibra óptica en Foz desde xaneiro

O operador ofertará mil megas de descarga e 300 de subida a "7.800 fogares" urbáns e rurais

Presentación da oferta de Adamo. AXM

A empresa Adamo presentou na casa da cultura de Foz unha nova oferta de fibra óptica para o municipio, que o operador desplegará “en xaneiro”.

A firma sinala que ofrecerá “a velocidade máis rápida de España, con mil megas de descarga e 300 de subida”, o que suporá “un salto de calidade na capacidade e celeridade de acceso a internet en fogares e empresas do municipio”.

A compañía de telecomunicacións chegou a un acordo co Concello de Foz, que permitirá a chegada do servizo “a 7.800 fogares”.

O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, sinalou que os traballos de instalación “xa comezaron” e farano “no núcleo urbán do municipio, pero chegarán tamén ao rural”.

SEN OBRAS DE CANALIZACIÓNS

O rexedor indicou que a nova oferta non suporá “obras de canalizacións porque se aproveitan as eléctricas de Begasa, o que nos evitará as molestias de meter o cableado polas rúas do concello”.

Así, Castiñeira precisa que “as canalizacións están feitas e o investimento sería moito menor no caso de que haxa un certo número de altas que permita a viabilidade de levar a fibra a eses núcleos”.

ESPALLAMENTO POLA MARIÑA

A empresa sueca está a espallarse polos municipios da Mariña, coa previsión de ofrecer en todos o seu servizo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here