IniciosociedadeA asociación APAGA de Ribadeo remata a formación de profesionais cun curso...

A asociación APAGA de Ribadeo remata a formación de profesionais cun curso de soldadura

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, fai un balance positivo dos últimos meses: “seguimos ofrecendo formación neste 2021, que tivo unha importante acollida en toda a contorna”.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación APAGA rematou a súa formación de 2021 cun novo curso de soldadura en Ribadeo. A pasada fin de semana foron nove os alumnos asistentes a esta cita procedentes de empresas da zona.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, fai un balance positivo dos últimos meses: “levamos máis dun ano tendo que adaptarnos ás normas sanitarias que veñen marcadas pola pandemia do covid-19, pero aínda así seguimos ofrecendo formación neste 2021, que tivo unha importante acollida en toda a contorna”.

Doural agarda que “as persoas interesadas en formarse, en seguir avanzando para conseguir metas mellores nos sigan apoiando e elixindo”. Doural aproveitou a ocasión para darlles as grazas a todos os asistentes, ao profesorado que os impartiu e ás empresas que están a demandar formación específica.

O presidente de Apaga subliñou que “tal e como xa anunciamos hai uns días en xaneiro de 2022 poñeremos en marcha un proxecto formativo aplicando unha nova tecnoloxía, que se chama de aula invertida”. Con este sistema o alumnado poderá formarse durante a semana na súa casa, a través da plataforma que ten a asociación. Despois, durante as fins de semana os alumnos e alumnas poderán asistir ás clases prácticas. “É un novo proxecto de formación que se está experimentando nunha iniciativa europea sobre os aprendices, seguindo directrices da Unión Europea”.

Álvaro Doural engadiu: “creo que podemos aproveitar este recurso aquí, na Mariña de Lugo, e estamos abertos a escoitar propostas; de feito xa recibimos algunhas de empresarios, que queren que lles axudemos na formación. Estamos dispostos para calquera tipo de colaboración, sempre dentro das nosas posibilidades, pero eu penso que unindo forzas podemos saír adiante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...