IniciosociedadeRibadeo adhírese á Aplu, que controlará os núcleos rurais do municipio

Ribadeo adhírese á Aplu, que controlará os núcleos rurais do municipio

A corporación aprobou a sinatura dun convenio co organismo da Xunta para evitar "situacións discriminatorias"

Publicada o

- Advertisement -

A corporación de Ribadeo ratificou un acordo para a sinatura dun convenio entre o Concello e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu), que se encargará de controlar os núcleos rurais.

A Aplu, que ten a misión da vixiancia urbanística en solo rústico, tamén o terá agora en solo rural.

Ribadeo conta con 99 núcleos rurais e máis de 100 quilómetros cadrados de superficie.

Así, expón o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, sinala que “hai que ter en conta que o concello de Ribadeo é grande en extensión e faise moi complicado que o persoal municipal poida estar controlando o territorio durante todo o tempo, en todos os sitios”.

Deste xeito, subliña Suárez Barcia, estas carencias “poden producir ás veces situacións discriminatorias”.

O rexedor argumenta que este organismo, que posúe “moitos máis medios ca nós, que ten policía urbanística e unha serie de técnicos profesionais especificamente destinados a iso, velará para que todo o mundo poda facer o que a lei lle faculte, pero non o que lle prohiba”.

EVITAR “DESFEITAS URBANÍSTICAS”

Suárez Barcia cre que o convenio evitará “problemas dos que despois nos lamentemos todos e nos tiremos dos pelos, sobre todo ao ver experiencias de concellos ben próximos a nós, no que a desfeita urbanística vai supoñer varias xeracións de persoas e de problemas para resolvela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...