Iniciosociedade1.300 racións de pescada do pincho de Burela doadas por "Mar de...

1.300 racións de pescada do pincho de Burela doadas por “Mar de Solidariedade”

Este “Mar de Solidariedade” do Porto de Burela consiste nunha dobre acción social, unha a nivel comarcal co xa tradicional repartición de peixe entre os centros de maiores do norte de Lugo; e outra a nivel local dirixida ás familias máis necesitadas de Burela, que, a través de Mulleres en Igualdade Provincia de Lugo, xa recibiron por Noiteboa e día de Nadal 470 racións de pescada do petisco.

Publicada o

- Advertisement -

En colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela completan en fin de ano a súa acción social “Mar de Solidariedade”, na que, por cuarto ano consecutivo, doan ‘Pescada do Petisco de Burela’ entre 14 centros de maiores da Mariña Lucense. Coa repartición de hoxe complétanse 838 racións entre 14 residencias, apartamentos tutelados ou vivendas comunitarias, situadas en Burela, Cervo, Foz,

Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, O Valadouro, Viveiro e Xove. Do mesmo xeito que en anos anteriores, o peixe xa se está distribuíndo para gozar nas ceas de Fin de Ano ben en pezas enteiras ou xa cortado en lombos, filetes ou toros, segundo demande cada centro.

Este “Mar de Solidariedade” do Porto de Burela consiste nunha dobre acción social, unha a nivel comarcal co xa tradicional repartición de peixe entre os centros de maiores do norte de Lugo; e outra a nivel local dirixida ás familias máis necesitadas de Burela, que, a través de Mulleres en Igualdade Provincia de Lugo, xa recibiron por Noiteboa e día de Nadal 470 racións de pescada do petisco. En total con esta iniciativa o Porto de Burela reparte 1.308 racións de ‘Pescada de Burela’ para chegar a un total de 1.142 persoas nun auténtico “Mar de Solidariedade”.

Sergio López, xerente de OPP Lugo: “Con esta acción pretendemos facer chegar un ano máis nosa principal especie, a pescada do pincho, a aquelas residencias de maiores e familias máis necesitadas, para que nestas datas de Nadal e fin de ano gocen dun produto de primeira calidade nos seus fogares”.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, agradeceu esta acción e destacou a contribución da Administración autonómica á promoción dos produtos do mar de extraordinaria calidade como a pescada do pincho.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...