IniciosociedadeO PSOE asturiano propón que a lei determine as "zonas de uso...

O PSOE asturiano propón que a lei determine as “zonas de uso predominante” do asturiano e do galego-asturiano

Expón que tanto o asturiano como o galego-asturiano sexan oficiais.

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Asturias (a FSA) propuxo ao resto de formacións políticas favorables á reforma do Estatuto –Podemos Asturies, EU-IX e Foro Asturias– que tanto asturiano como galego-asturiano sexan oficiais en toda a comunidade autónoma e que sexa a posterior lei de normalización a que determine as “zonas de uso predominante”.

Así se recolle na proposta de redacción de artigo catro que os socialistas entregaron ao resto de formacións para tentar desbloquear a reforma do Estatuto de Autonomía e poder aprobar a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano, que segundo a proposta socialista pasaría a ser denominado como ‘eonaviego’.

O artigo, que se divide en tres apartados, cualifica ás dúas linguas como “propias de Asturias” e establece que, xunto co castelán, son as linguas oficiais da comunidade autónoma. Sería a posterior lei de normalización que terá que aprobar a Xunta Xeral para desenvolver o ‘modelo de oficialidade á asturiana’ a que fixase as zonas de uso predominante do asturiano e do galego-asturiano, idioma que se fala nos concellos máis occidentais da rexión.

A proposta tamén recolle que esa lei terá que ser aprobada por maioría de 3/5 do número legal de membros da Xunta Xeral –27 deputados– e que os poderes públicos asturianos garantirán o uso normal e oficial dos tres idiomas e potenciarán o uso do asturiano e o galego-asturiano en todos os aspectos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar a súa coherencia e desenvolvemento. Para finalizar, a semellanza do resto de Estatutos de Autonomía de territorios bilingües, recóllese que ninguén poderá ser discriminado por razón da lingua que empregue.

A PROPOSTA DA XDLA

A proposta de artigo catro da FSA coincide coa que vén propondo a Xunta pola Defensa da Llingua Asturiana (XDLA) desde 2017, aínda que con varías diferenzas. Así, as dúas divídense tres artigos e recoñecerna oficialidade de asturiano e galego-asturiano en toda a comunidade para que sexa a posterior lei de normalización a que regule as zonas de uso.

Con todo, a redacción entregada polos socialistas ao resto de formacións modifica o nome da lingua do Navia-Eo, que pasaría de ser galego-asturiano –como se recolle na Lei de Uso actualmente en vigor– a ‘eonaviego’.

Tamén se inclúe na proposta da FSA a necesidade dos 3/5 dos votos favorables dos deputados para aprobar a lei de normalización, unha das esixencias de Foro para apoiar a reforma e que xa aceptaron desde a esquerda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...