IniciosociedadeCatro bolseiros formaranse cos artesáns de Viveiro Otero Regal e Óscar Rodríguez

Catro bolseiros formaranse cos artesáns de Viveiro Otero Regal e Óscar Rodríguez

A Xunta financiará con 46.000 euros catro obradoiros de prácticas remuneradas, dous co ceramista e outros dous co xoieiro

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá 46.000 euros nun programa de axudas que permitirá a catro aprendices formarse con dous artesáns de Viveiro, Alfonso Otero Regal e Óscar Rodríguez.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica este xoves no Diario Oficial de Galicia a resolución dun programa de axudas posto en marcha por primeira vez este ano para impulsar o relevo xeracional na artesanía de Galicia.

Deste xeito, dous bolseiros aprenderán co ceramista, escultor e pintor focego Otero Regal, gañador do Premio Nacional de Artesanía en 2011 e afincado en Viveiro desde finais da década dos 70.

Outros dous becarios formaranse en xoiería con Óscar Rodríguez, que destaca pola súa colección ‘Tesouros do Mar e da Terra‘, incluída no selo de garantía Galicia Calidade.

O OBXECTIVO DA INICIATIVA DO GOBERNO GALEGO É IMPULSAR O RELEVO XERACIONAL NO SECTOR DA ARTESANÍA

CONTRATO DE PRÁCTICAS

Os artesáns e os aprendices subscriben un acordo de formación para levar a cabo as prácticas non laborais, financiado pola Xunta.

Os aprendices son mozos e mozas de diferentes disciplinas de Formación Profesional, Deseño Industrial e Belas Artes que están a completar a súa formación grazas a esta iniciativa, que adapta a formación dual ás características propias do sector.

Impartiranse coñecementos, tanto teóricos como prácticos, nos propios obradoiros  baixo a supervisión dun titor que deberá ter a formación e experiencia necesarias.

os aprendices recibirán formación teórica e práctica, que poderá durar ata un ano a xornada completa

Ao remate do período formativo, a empresa terá que expedir un certificado ao bolseiro acreditativo das horas, período e contidos de dita formación.

Cada artesán recibirá unha contía fixa de 200 euros ao mes para sufragar os gastos de Seguridade Social e de funxibles e materiais, ademais do importe que lle corresponderá ao alumno por participar na bolsa, que será de 800 euros ao mes no caso de que o proxecto teña unha duración dun ano e sexa a xornada completa.

Se a empresa conta con seis ou máis traballadores pode solicitar ata dous aprendices, polo que se duplica o importe da axuda.

CATRO OBRADOIROS NA PROVINCIA

O programa supón no conxunto da provincia de Lugo un orzamento global de 70.000 euros pola participación de catro obradoiros que formarán a seis aprendices -11.435 euros por cada persoa en formación-.

O taller de Santiago Besteiro, situado en Monterroso e especializado no traballo co coiro, e mais o de Idoia Cuesta, localizada en Outeiro de Rei e dedicado á aplicación das técnicas de cestería a materiais téxtiles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...